Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de septiembre de 2013

O ALCALDE ESTIMA “OBRIGATORIO” CONTINUAR COA PREVENCIÓN DE DROGAS NOS COLEXIOS





Mágoa que non arranxe os colexios para que poida facer deporte normalmente, sen ter que inventarse novos deportes. Esquivar pingueiras, salto de fochancas, loita contra o vento etc..... etc.....


O alcalde, Luis Aragunde, e Ángeles Bravo, responsable de cursos do SPAD de Vilagarcía, asinaron onte o convenio de colaboración municipal co Servizo de Prevención e Asistencia a Drogodependencias (SPAD), que se levará a cabo nos colexios cambadeses durante o curso 2013-14.
Para o rexedor cambadés “é unha obrigación dar continuidade ó gran labor que vén desenvolvendo o SPAD nos colexios cambadeses respecto da prevención de drogodependencias”, pois trátase dun “problema social grave que debe atallarse dende a infancia”.
Ángeles Bravo agradeceu a “gran sensibilidade” amosada polo Concello respecto deste problema sociosanitario e anunciou que durante este curso vaise seguir actuando no ámbito escolar, pero tamén no familiar, no xuvenil, nos conflitos de xénero, así como no ámbito laboral. O investimento municipal neste capítulo ascende a 7.150 euros para este curso e atinxe a todos os colexios e institutos.
Según a responsable de cursos do SPAD, este ano prevese a posta en marcha de dous novos programas no ámbito familiar: un dirixido a familias con risco de drogodependencias (prevención selectiva), no que se vai procurar detectar factores de alarma en colaboración cos Servizos Sociais; e outro programa de prevención indicada directa na unidade asistencial, para traballar cos pais de menores que xa acoden por drogodependencias á unidade de Vilagarcía.

Novos programas
No eido da escola vaise poñer en marcha outro programa novo de prevención selectiva, baixo a denominación “Non pasa nada, pasa algo?”, dirixido a alumnado de 4º de ESO ou PCPI que estudan en centros nos que se detectou algún problema relacionado co uso de drogas ou que se atopan en situación de risco.
A metodoloxía a seguir consistirá en xuntanzas de análise dos problemas existentes nos centros escolares relacionados co consumo de sustancias. Estas reunións faranse cos orientadores, dirección do centro, titores ou, se é posible, conxuntamente cos pais e nais.
Asemade, organizaránse talleres formativos nos que se impartirán catro sesións. Na primeira informaráse sobre mitos e crenzas erróneas; na segunda exporase a clasificación das drogas según os seus efectos no SNC e o seu carácter legal, así como a definicion de uso, abuso, dependencia e tolerancia cruzada; na terceira explícase a evolución conductual do uso á dependencia das diferentes drogas; a cuarta consistirá nun adestramento en habilidades de afrontamento da situación de risco.
O programa “Activa” vaise centrar na captación de mediadores xuvenís, os cales serán axentes indispensables para o éxito do mesmo. Estes mediadores serán formados en materia de prevención ao tempo que se crea un grupo de coordinación do programa no municipio. Os integrantes deste grupo deseñarán as actividades saudables a desenvolver polos mediadores con adolescentes e mozos.

Os outros programas a impartir nos colexios serán os mesmos que se veñen desenvolvendo nos últimos anos, dirixidos a unha poboación que se aproxima ás 2.000 persoas, entre alumnado e profesorado. O primeiro destes programas é o denominado “Prevención do consumo de drogas na escola”, que se complementa co “Cine como elemento de prevención”, os “Contos para conversarmos”, emais “Cambio de Sentido”.
Entre as “Intervencións socioeducativas nas aulas” atopamos o Obradoiro de bebidas saudables, as Habilidades sociais, Drogas legais e ilegais, e Prevención de VIH/Sida. As “campañas de información e sensibilización” completan a programación do SPAD nos colexios públicos e institutos de secundaria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.