Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
20 de septiembre de 2013
DUAS NOVAS RUAS VAN SER REMODELADAS
A Deputación aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, a adxudicación das obras de humanización das rúas Rianxeira e Arousa, en Cambados, á empresa Elsamex por un importe de 67.358 euros. Os traballos, que fan parte do Plan de investimentos da Deputación (PID), consistirán no seguinte:
Mellora integral do formigón que agora se atopa deteriorado e con notables deficiencias. Sanearase a lousa de formigón nas zonas afectadas e despois colocarase sobre o firme resultante un pavimento de lousa de pedra granítica de 4 ou 6 centímetros de espesor, dependendo do tráfico.
Na rúa Rianxeira colocarase, ademais, pavimento de taco de granito para o tránsito rodado, de acordo coa tipoloxía do casco tradicional de Cambados.
Instalarase tubaxe de PVC de 315 e 400 mm para augas pluviais e fecais respectivamente en ambas as rúas e tubaxe de polietileno de 90 mm de diámetro para o abastecemento de auga potable na rúa Rianxeira.
Axeitaranse tamén as tapas de rexistro e outros elementos que contribúan á humanización integral das citadas rúas.
Debuxos de Eduardo Baamonde

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.