Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de agosto de 2013

VIII ENCONTRO DE PALILLEIRAS EN TORRADO O VINDEIRO DOMINGO 11 DE AGOSTO








Cambados converterase en lugar de encontro para  palilleiras de toda España. A agrupación que existe actualmente no municipio é a organizadora deste certame que terá lugar o vindeiro domingo, 11 de agosto, nos xardíns do pazo de Torrado. Alí poderase ver a forma na que elaboran os seus labores estas artistas dos palillos.

A iniciativa xurdiu da agrupación de palilleiras que existe en Cambados, na que reciben clases veciñas de toda a comarca arousá. Para organizar este certame contan coa colaboración de moitos dos establecementos comerciais da localidade, que as axudaron a financiar esta iniciativa.

Desde Zamora, León, Coruña e Cedeira chegarán as palilleiras que visitarán Cambados. Todas elas amosarán, xunto coas cambadesas, o seu labor na carpa que está instalada no pazo de Torrado.
A cita será o vindeiro domingo, 11 de agosto. As participantes neste encontro comezarán a chegar ao municipio ao redor das dez da mañá. 
 Xa pola tarde, a partir das catro, poderallas ver palillando nos xardíns de Torrado. Tarefa que realizarán sen descanso ata as oito da tarde. No lugar instalarase tamén unha pequena mostra cos seus traballos. Ao longo da tarde, procederase ao sorteo das rifas que venderon para financiar este encontro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.