Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de agosto de 2013

REMATA A ESCOLA DE FÚTBOL DE VERÁN NO POMBAL





O alcalde, Luis Aragunde, e a concelleira delegada de Educación, Candelaria Martínez Eiras, entregaron esta mañá os diplomas correspondentes ós preto de 90 alumnos da Escola de Verán de Fútbol impartido durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do complexo polideportivo do Pombal. Neste acto estiveron presentes os rapaces participantes, xunto cos oito monitores da escola futbolística que pertencen na súa meirande parte ó plantel do Juventud de Cambados, club que contou coa colaboración do Concello.

A escola desenvolveuse durante os dous meses de verán os luns, mércores e venres en horario de 10 a 13 horas. Ademáis da formación deportiva os escolares asistentes realizaron unha excursión en catamarán pola ría de Arousa, así como saídas ó Museo do Viño, Muiño da Seca e Torre de San Sadurniño, entre outras.


Fonte: Concello de Cambados


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.