Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de agosto de 2013

MOITAS EMPRESAS DA PROVINCIA PASAN DA DEPUTACIÓN







Tras ver unha información da Deputación de Pontevedra temos claro que algunhas empresas da provincia so están interesadas en que esta teña a ben darlle traballo porque polo que se ve non colaboran cando as necesitan para dar formación a xente desempregada. Cecáis se cobraran por elo habería máis colaboración. Outra causa pode ser que aunque Louzán augure unha pronta saída da crise os empresarios non son tan optimistas e non queren contratar a ninguén máis. Aínda que sexan subvencionados pola Deputación.



O prazo para que as empresas privadas se adhiran ó II Plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra, a través do cal se lles concederán bolsas a 400 titulados universitarios e de ciclos superiores de FP, cunha finalización prevista para o 31 de agosto, ampliouse en 10 días hábiles segundo a resolución publicada hoxe no BOPPO.(Páxina 20)
Poden presentarse as empresas con sede social na provincia de Pontevedra, de calquera natureza xurídica e sector, sempre e cando cumpran cos requisitos de non ter contrato de servizos coa Deputación, que a súa actividade estea relacionada co perfil das titulacións demandadas ou que non realizasen despedidos improcedentes, entre outros.

Á hora de seleccionar as empresas puntuarase cun máximo de cinco puntos o proxecto de práctica laboral e con ata catro puntos o deseño de itinerarios alternativos de inserción que lle dean opción ó bolseiro de ter continuidade na empresa.
A cooperación entre o organismo provincial e as empresas da provincia que resulten beneficiarias materializarase a través dun convenio no que se establezan os dereitos, as obrigas e os compromisos de cada unha das partes.
Determinación do perfil
Esta primeira fase permitiralle á Deputación determinar a demanda de bolseiros existente para, baseándose nela, abrir a fase de selección de titulados. Unha vez decididas as titulacións e as prazas que se convocan farase a convocatoria pública e procederase á selección dos traballadores.
Os beneficiarios deste plan serán titulados sen experiencia laboral previa, menores de 35 anos, ós que se lles vai ofrecer a oportunidade de desenvolveren labores relacionados coa profesión na que se formaron en diversas empresas da provincia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.