NA PRAZA DA SECA EN CORVILLÓN.
O vindeiro sábado 31 de Agosto vai ter lugar o festival Xironsa na Praza da Seca en Corvillón. Os actos daran comenzo as 11 horas cun pasarrúas por toda a parroquia por parte do Grupo Xironsa.
As 13 horas Sesión Vermouth que estará amenizada polo cuarteto de gaiteiros, nacidos da asociación “Bou de Bou”.
As 14 horas Xantar Popular, rematado o xantar sobre ás 16 horas haberá xogos de animación amenizados pola “Cé Orquestra Pantasma”.
As 17 horas os afeccionadas as cartas gozarán co campionato de Escoba, o mesmo tempo que tamén se celebrarán xogos de Rá Infantil e de Chave.
As 17.30 horas máis xogos populares esta vez Carreiras de Sacos, Zancos, carrilana e tiro de corda.
As 21 horas Festival Xironsa, a cargo de Xironsa e Tiruleque. As 23.30 horas mexiloada gratis, entrega de premios e sorteo dunha cesta.
Remantando as 00.00 horas e ate que o corpo aguante coa sesión Dj “Disco Duendeneta”.
Os actos están organizados por la Asociación Cultural Xironsa e están abertos a toda persoa ou colectivo que queira participar dun xeito ou doutro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.