Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de agosto de 2013

NOTA DE PRENSA DO PSOE CAMBADÉS EN APOIO A ISMAEL AGRA






Os Socialistas de Cambados queremos mostrar publicamente o apoio ó Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de Cambados, despois de  que na mañá do venres, éste recibira ameazas telefónicas dunha integrante das NNXX do PP a raíz dunha noticia publicada na prensa na que se afirmaba que membros desta agrupación do Partido Popular foran convidados ó Xantar do Albariño.
Con este comunicado queremos amosar o noso apoio a Ismael Agra, así como reiteramos as súas palabras, de que estes mozos foron convidados ó Xantar polo que se plantexará no Pleno esta cuestión, preguntando en calidade de qué foron convidados, xa que entre todos os cambadeses lles pagamos o prato, pois así se nos confirmou dende un propio membro do PP.
Seguiremos denunciando que os membros do Partido Popular acceden a postos de traballo no Concello, polo mero feito de pertencer ou colaborar con ese partido, mentres moitos outros cambadeses non teñen as mesmas oportunidades.
Desde aquí queremos manifestar que as ameazas de ninguén non nos van a censurar nin nos van trabar as nosas ganas de seguir traballando e facendo oposición, defendendo ós cambadeses que confían en nós para que denunciemos os casos de enchufismo e prepotencia que existen neste Concello, e este é só un máis dos moitos que hai.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.