Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de agosto de 2013

MILES DE PREFERENTISTAS MANIFESTÁRONSE EN SANXENXO




Foto: PontevedraViva

Membros das plataformas de afectados polas preferentes de toda Galicia protagonizaron este sábado unha gran manifestación en Sanxenxo coa intención de "que esto no muera y siga candente", segundo recoñece un dos voceiros do colectivo en Pontevedra e Marín, José Luis García.

Unha das súas principais reivindicacións pasa por que se volva abrir a vía da arbitraxe, na que segundo os afectados non se aceptaron máis de 20.000 solicitudes: "intentaremos que se reabran los arbitrajes, lo intentaremos con la presión porque está en sus manos volver a abrirlo".
As plataformas elixiron de novo Sanxenxo en busca de repercusión ao ser "una zona donde veranea mucho político".
Foto: PontevedraViva

Por todos estes motivos os manifestantes expresaron a súa vontade de seguir pelexando polo seu diñeiro ata o final,porque como explica o portovoz de Marín e Pontevedra, "se trata de seguir presionando, muchas cosas que se han conseguido ha sido porque hemos estado en la calle, no nos hemos rendido".José Luis García recordou ademais que a partir de setembro será a quenda de moitos dos xuízos dos afectados solicitando a Novagalicia a devolución das cantidades depositadas na entidade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.