O Goberno do PP a través de varios medios de Comunicación, e ata dende a propia web municipal, ven manifestando que os orzamentos son redactados tendo en conta e adaptándose a realidade económica que estamos a vivir, chegando a sinalar cos orzamentos están marcados pola política de austeridade, ademais de pedirnos un esforzo a cidadanía coa subida das distintas taxas e impostos que sufrimos tódolos veciños de Cambados, nesta época na que toca apertar o cinto.


Esta e a forma de aplicar a Austeridade por parte do Goberno do Partido Popular?
Como pode asumir mediante un contrato unha obriga sen existir ningún tipo de contraprestación?
Por que temos que asumir unha débeda tódolos veciños de Cambados dun terceiro sen percibir nada a cambio?
Por que asina un contrato asumindo esta débeda o noso Alcalde en representación de tódolos veciños de Cambados, se non existe contraprestación algunha?
Estaría disposto a facerse cargo el persoalmente co seu patrimonio persoal da débeda xa que os veciños non vamos a percibir nada por esta obriga?
Como pode asumir mediante un contrato unha obriga sen existir ningún tipo de contraprestación?
Por que temos que asumir unha débeda tódolos veciños de Cambados dun terceiro sen percibir nada a cambio?
Por que asina un contrato asumindo esta débeda o noso Alcalde en representación de tódolos veciños de Cambados, se non existe contraprestación algunha?
Estaría disposto a facerse cargo el persoalmente co seu patrimonio persoal da débeda xa que os veciños non vamos a percibir nada por esta obriga?
Dende Anova Cambados consideramos que esta forma de actuar por parte do goberno do PP en Cambados esta moi lonxe da Austeridade que tanto presumen e que según estes documentos queda claro que non se aplica, polo que nos vemos na obriga ante esta forma de actuar de facer públicos no noso Blog, nos enlaces o final da entrada, o contido integro da Conta Xeral dos Orzamentos do Exercicio 2012, que vai ser tramitada para a súa aprobación no próximo pleno do vindeiro Xoves 29 de Agosto, e que tódolos veciños teñen dereito a consultalas, e poderán ver tódolos informes da Interventora Municipal polas distintas irregularidades que se están a cometer por parte do Goberno do PP de Cambados, e que ocupan mais de 200 paxinas.
Para o Grupo Local de ANOVA Irmandade Nacionalista de Cambados non se pode seguir ignorando estas irregularidades, entendemos que xa está ben desta situación. Estamos nun momento en que os cidadáns están cansos de ver todos os días situacións de corrupción na política, de tratos de favor e como se manteñen determinados privilexios, polo que entendemos que o PP non pode seguir a actuar así en Cambados. Non nos poden esixir esforzos a cidadanía aumentando ano tras ano a carga impositiva, a pesares da situación que estamos a sufrir e con moitos veciños do Concello de Cambados en situación de Desemprego e sen apenas recursos, mentres eles utilizan eses fondos para asumir obrigas de pago na que os veciños non temos ningún tipo de contraprestación nin percibimos nada a cambio, simplemente por que os nosos dirixentes queren asumir unha débeda dun terceiro. Non se pode esixir un esforzo a cidadanía nestes momentos por parte do Goberno de Cambados do PP mentres están actuando desta maneira cos fondos públicos, polo que consideramos que esta forma de actuar os esta a desacreditar en futuras subidas de impostos, como farán dentro duns meses coa subida teórica do IPC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.