Seis preguntas e as suas seis respostas cheas de sentimento e cariño. A complicidade coa entrevistadora palpábase en cada palabra.
Pero nos imos a dar todas as respostas que o noso Alcalde non dou, supoñemos que por falta de tempo, nestos días de tanto traballo.
A primeira das preguntas era si ía a ser un albariño máis triste. O noso Alcalde respostaba “que si, pero a vida tiña que continuar. A Festa do Albariño é máis que unha festa é un apoio a todo o sector e voltará a ser a festa máis grande das que se celebran neste eido (sic)” Faltoulle decir que apoiar a festa tamén é mediar e facer o posible para que os viticultores perciban un precio digno polas uvas, algo que dende a Xunta se limita a estar presente na sucesivas mesas do viño peor nada máis. Añadir que hai adegas que reciben subvencións de todo tipo mentras os viticultores tarden meses en cobrar eses cartos pola uva tan mal pagada.
A segunda pregunta xiraba entorno o tempo que tardaría en ser a Festa declarada de interese internacional. A resposta foi bastante contundente. “Esas cousas van lentas, este ano foi imposible pero teño a seguridade de que para o ano seremos de interese internacional”. Hai que recordarlle que si este ano non foi é pola ineptitude e antoxo do PP. Recordarlle que fai uns anos o PSOE cambadés xa pedira tal distinción e como non era cousa do PP o grupo de governo municipal desbotouno. Paradoxas da vida.
A terceira pregunta era unha continuación da segunda. A xornalista preguntaba si coa distinción da Festa como de interese internacional axudaría a distinguila de outras parecidas e o “hooligan Aragunde” presumía de que as “copias” que hai en outros sitios engrandecen a orixinal, pero sobre todo arremetía contra os nosos veciños “ingleses” a os que amablemente “ofrecíase a ensinarlle algunhas cousas, estamos aí”. Que o actual governo de Vilagarcía deixa moito que desexar sábeo todo o mundo pero querer ganar puntos cos cambadeses atacando a Vilagarcía resulta patético. A rivalidade está aí pero tamén Vilagarcía pode ensinarlle a Cambados moitas cousas.
A cuarta referíase a como afectaría a crise a o evento. O obxectivo “é paliar un menor gasto individual co aumento de visitantes e que as cifras sería similares a outros anos”. Pois a sensación dos cambadeses é a contraria. Este ano houbo menos xente, preguntes por onde preguntes, todos din o mesmo. Menos xente e tamén menos gasto. Os stands segundo o Concello venderon 90.000 botellas a explicación e ben sinxela. Nun bar sae a botella a un maior prezo que nos postos da Calzada, polo que subeu o consumo na Calzada pero baixou na hostelaría e si por riba a xente fai cada día máis botellón os grandes danmificados desta festa foron os locais de Cambados agás uns poucos. Moitos viron como os seus ingresos non superaban nin se acercaban a os de anos anteriores.
A 5ª pregunta era en que ían a aforrar en gastos nun 20% a resposta clara e contundente do Alcalde foi “daremos os datos cando remate, pero creo que imos logralo”. A festa rematou e coma todos os anos os únicos datos que se ofrecen son os de asistencia a concertos en particular e a Festa e o número de botellas consumidas en xeral, ou a cantidade de lixo recollida. Para os datos importantes haberá que agardar uns meses, coma todos os anos. Transparencia, cero pataquiero.
| El Correo Gallego |
A sexta xiraba entorno a en que partidas se ía a aforrar?. “De diferentes partidas pero sobre todo nas musicais”. Tendo en conta que o domingo non houbo concerto e o do sábado foi pagado pola Vuelta a España e Deputación (cousa da que nos enteramos ese mesmo dia despois de estar un mes presumindo da sua boa xestión). Tamén houbo 100 invitados menos a o Xantar, do que por certo temos o menú, que ben podían ter sido máis pois algún estaba triste para ser cabaleiro pero veu igual a Festa. Si rexeitas ser cabaleiro para que "carallo" ves a comida?.
Menú do Xantar: Empanada de millo e trigo-Polbo á feira-Langosta-Vieiras de Cambados-Tenreira asada con guarnición-Tarta de Santiago-Viño dos colleiteiros-Café e Augardentes

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.