As hemerotecas son fontes de información e coma tal temos que dar conta desta nova publicada no Xornal Galicia e Xornal Pladesemapesga
Falábamos dias atrás dun "polbo" de Ávila e agora toca falar dun "polbo" en Galicia con moitos tentáculos, demasiados............
Un aplauso para o plusmarquista nacional de pluriempleo político .................
o insigne Francisco José Vidal Pardo e Pardo. O noso home, do que tal vez nunca oiran falar malia a súa asombrosa ubicuidad, é Secretario Xeral Técnico de Medio Rural e do Mar polo PP e fiel representante da austeridad cidadá nestes tempos de críse. E Vicepresidente do Consello Galego de Pesca. E Vocal de FOGGA administrador de fondos públicos FEAGA e FEADER . E Vocal de Portos de Galicia, Vocal no Consello de Administración do Porto da Coruña. E -Administrador-Executivo. Edificaciones Residenciales. E Vocal Consello de Administración da Fundación Semana Verde. E Vocal do Consello de Administración da sociedade publica de Investimentos de Galicia . E Vocal do Consello de Administración en INTECMAR, pero curiosamente quédalle tempo para ofertarse como poñente a universidades, xornadas, foros, etc
De momento van estes cargos ao mesmo tempo, pero o pluriempleado Sr Srecetario Vidal Pardo ocupa algúns postos máis, a medida que se bucea na rede, atopámoslle, como BANCAJA HABITAT S.L. Apo. Sol.
Pódese ser ao mesmo tempo un bo Secretario baixo o seu exclusivo cargo as unificadas consellerías de Mar e Medio Rural da Xunta de Galicia, e un bo vocal de consellos de administración de tantas empresas ?, e todas elas relacionadas co público e a administración...E aínda lle queda tempo para acudir a concursos en centros comerciais e levarse o premio....de produtos de primeira necesidade..?
Canto cobra entre asistencias e dietas o señor Francisco José VidalPardo e Pardo ?.......Votade contas....
Os membros do Consello teñen dereito á percepción de indemnizacións pola súa asistencia e polos gastos de desprazamento ás reunións...Asinado Alberto Núñez Feijóo e Rosa Quintana Carballo...... Pero igual hai algo máis que non coñecemos, e descoñecémolo por que se nega a informar.....
Asímismo, o sector dos desfavorecidos e a pobreza de Galicia, debido á crise provocada polo Partido Popular, está moi descontento porque os premios con produtos de primeira necesidade dos concursos en grandes centros comerciais tamén lévallos....
Francisco José Vidal Pardo.. Si Sres, len ben ?..tocoulle ao Sr Secretario Xeral Técnico de Medio Rural e do Mar.
Aconteceu en Marineda, en "Marineda City", e trátase de dous altos cargos da Xunta que, foron agasallados nun área comercial cun carro da compra cheo de produtos de primeira necesidade, cedidos por empresas da comunidade e valorado en 300 euros. Todo grazas ao programa obxectivo 2000, posto en marcha por El Corte Inglés e AGAFAN (Asociación Galega de Familias Numerosas).
A parella que recibiu o carro de produtos de primeira necesidade para familias numerosas está formada polo ex secretario xeral técnico da Consellería do medio Rural, Francisco José Vidal-Pardo e Pardo, e naquel momento a directora xeral da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta, Cayetana Lado Castro-Rial.As retribuciones desta parella de altos cargos alcanzaban uns ingresos conxuntos de máis de 135.000 € brutos anuais, ( un mínimo de 13 mil euros ao mes) bastante máis que a maioría das familias galegas que contribúen cos seus impostos a eses ingresos de Vidal e Cayetana, e que deberían ser suficientes para non prestarse a esa recepción ou no seu caso a entregalos públicamente ao banco de alimentos de Galicia, xa que os seus ingresos deberían chegarlles para comprar pan, fabas, arroz e cacao a discreción.
Vidal Pardo, Vicepresidente do Consello Galego de Pesca, entre outros moitos cargos como Vocal en Consellos de Administración presuntamente de forma irregular.
Durante o mandato de Fraga Iribarne, que destas cousas "sabía moito", deixou as cousas "ben atadas", o malo é que estes pulpos as incumplen, vexáse, a Lei de Incompatibilidades da Xunta de Galicia, Lei 9/1996, de 18 de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.