Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de julio de 2013

REGULARIZACIÓN DE EMBARCACIÓNS NO PLENO DO XOVES DE CAMBADOS






Os Socialistas de Cambados presentaron no Pleno do xoves una moción consensuada cos representantes dos mariñeiros da comarca.

Tamén o BNG e o PP presentaron una moción sobre o mesmo tema pero a nosa presentaba uns matices q as outras non recollían.
Antes da celebración do Pleno, os mariñeiros presentes pedíronlle a os socialistas que defenderan a nosa moción e non pactaran a do PP, xa que ésta non lles resolvía o problema que tiñan e só  era un apaño para uns meses.
A moción levaba por título “Moción do PSdeG-Psoe sobre a actualización e adecuación de embarcacións e paralización do RD 1081/2012”.
Nela solicitaban a paralización do RD, como xa dí o seu título, unha regularización definitiva e real coas características que os armadores e propietarios declaren (e que éstas sexan o reflexo exacto das características actuais das embarcacións), que se recolla na Lei a flota de pesca artesán en contraposición á flota de gran altura e que todo isto se reflexe nunha Lei que sexa realizada en conxunto co sector pesqueiro.
O PP tentou que chegar a un acordo, pero rexeitaba o censo das embarcacións coas características reais das embarcacións amparándose no que as Confrarías e as Federacións pedían.

Desde grupo socialista Fátima Abal contestou que estaba nese pleno en representación dos traballadores do mar, que son os que a convocaron a unha xuntanza que se levou a cabo o 22 de maio, e que por tanto tiña que representar e defender ós traballadores , non ás confrarías. Os traballadores non estaban de acordo con esa moción e o grupo socialista, por tanto, ía votar en contra. Así o fixo.
A moción socialista, por orden de rexistro votouse a primeira. Votou a favor o BNG e por suposto o PsdG-Psoe, entre aplausos dos mariñeiros. O PP votou en contra.
A continuación votóuse a do BNG, con igual resultado.
Por último votouse a moción do PP, que é a que resultou aprobada por maioría cos votos dos seus concelleiros. Nese momento os mariñeiros saíron do Salón de Plenos abucheando e protestando contra o equipo de goberno e a súa hipocresía ó non querer defender os seus postos de traballo.

Unha vez rematado o Pleno, os traballadores volveron ó Salón e pediron un acordo cos portavoces municipais. Pero non se chegou a ningunha parte porque o Alcalde non se moveu da súa postura de solicitar só unha paralización do plazo de 4 meses e a non contabilización da tonelaxe e potencia pola Comisión Europea. Para ós mariñeiros esto non serve para nada e Aragunde propuxo unha reunión para o luns, que baixo a opinión de todos os que alí estaban, se tiña que ter celebrado antes do Pleno e non despois.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.