O auditorio do Museo do Pobo Galego acolle hoxe, ás 17 horas, a proxección d’A Fazaña da Liberdade, un documental biográfico sobre Alexandre Bóveda. O acto, organizado pola Fundación Alexandre Bóveda e a produtora Filmika Galaika, principiará coa intervención do director e guionista do filme, Seném Outeiro, o profesor Justo Beramendi e o historiador Uxío-Breogán Diéguez, asesor do filme. Roi Carballido participou como produtor executivo, Berto Palacios na dirección de fotografía, Oskar López na edición de son e Nano Besada na infografía e liña gráfica.
Facendista, economista, impulsor do Estatuto de Autonomía de 1936 e cofundador do Partido Galeguista, Bóveda fica retratado nesta peza, que conta con testemuñas de excepción, como son os propios fillos do histórico galeguista (José Luis e Amalia), Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo, Elvira López-Cuevillas (filla de Florentino López-Cuevillas) e Xosé Manuel Beiras Torrado, entre outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.