Este sábado celebrouse na Sede que comparten as Xuventudes Socialistas co PSdeG a asemblea xeral das Xuventudes Socialistas de Cambados para a renovación da Comisión Executiva como recolle a normativa da organización trala celebración do Congreso das XSG.
Así pois, na mesma aprobouse por unanimidade a xestión tanto política como
administrativa do Secretario Xeral dos dous anos de vida da organización en Cambados.
Neste punto quixo destacar a cantidade de actividades que se levaron a cabo durante este tempo na vila, dende protestas e reivindicacións políticas a favor da mocidade ata actos benéficos como o Luscofusco en beneficio de Esperanza Salnés ou a anual campaña de recollida de alimentos.
Ademais tamén destacou que agora Cambados está no mapa do socialismo galego, formando parte da nova CENG das Xuventudes Socialistas de Galicia e participando activamente coas Juventudes Socialistas de España en actos como o mes pasado en Zaragoza ou este mesmo mes en Madrid. Logo, aprobouse por unanimidade a candidatura presentada por Ismael Agra para a súa reelección como Secretario Xeral. Nesta nova andadura acompáñano Esteban Miniño, Raquel Durán, Regina Nuñez, Christian Martínez, Carlos Abal e Vanesa Agra.
O Secretario Xeral aproveitou para agradecer a todos o seu apoio unánime e destacou que a agrupación trátase dun equipo sólido que traballa a bo ritmo e está presente en varios ámbitos dos colectivos da vila, así como traballa man a man tanto co PSdeG-PSOE de Cambados como coas Xuventudes Socialistas de Galicia e as Juventudes Socialistas de España.
Ademais asegurou que próximamente levaranse a cabo actividades novidosas para achegar o proxecto das XSG á mocidade cambadesa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.