Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de julio de 2013

DAMAS E CABALEIROS DO ALBARIÑO 2013





Despexada a incógnita sobre o nomeamento Cabaleiros e Damas do Capítulo serenísimo do Albariño do 2013.

O Capítulo Serenísimo do Albariño deu hoxe a coñecer os novos cabaleiros que serán investidos durante a Festa do Albariño, o próximo 4 de agosto. Trátase de Guillermo de Aranzabal Agudo, da bodega Lagar de Cervera, de O Rosal; Amancio López Seijas, presidente do grupo Hotusa; Manuel Medina González, socio fundador de Medica Cadros Avogados; Gregorio Varela Moreiras, catedrático de nutrición da Universidade San Pablo, e Francisco Conde López, conselleiro de Economía e Industria. Tamén se nomeará unha dama, pero a súa identidade aínda se reserva á espera de confirmarse a súa asistencia.  maioría son grandes embaixadores do albariño e moi coñecidos por Cambados.

María José Suárez, ex Miss España, exercerá de presentadora durante o acto que se celebrará no patio de armas de Fefiñáns, durante o cal tamén entreganse as Follas do Albariño a José Luís Aragunde Soutullo, sumiller e empresario cambadés; Julián do Caño Abad e Enrique Pantín Chao, polo seu papel na fundación do Consello Regulador Rías Baixas; ao comunicador Xacobe Pérez Paz (destacado militante do PP) e ao restaurante Posta do Sol de Cambados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.