Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de julio de 2013

BAIXA O PARO NA NOSA PROVINCIA







Por segundo mes consecutivo o número de persoas apuntadas no servizo público de emprego reduciuse notablemente.
Nun mes tradicionalmente positivo polo empurre da contratación no sector servizos, o paro descendeu na provincia de Pontevedra un 4,05% en relación á cifra rexistrada en maio.
Durante o mes de xuño as listas públicas viron reducido o seu número en 4.536 persoas, deixando a cifra total de pontevedreses sen emprego en 107.460.
Os datos tamén son positivos a nivel autonómico, con 10.452 desempregados menos.

Con esta caída Galicia queda agora con 273.434 sen traballo, unha cifra que descendeu un 3,68% no último mes.
A nivel estatal os números quedan en 127.248 parados menos para un total de 4.763.680.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.