Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de agosto de 2013

DESGRACIADAMENTE A COMARCA VOLVE SER PROTAGONISTA POR TEMAS DE NARCOTRÁFICO







Un espectacular operativo contra o tráfico de drogas desenvolvido durante toda a xornada deste mércores na comarca de Arousa deixou un balance de, ata o momento, tres detidos, dos cales dous son axentes da Garda Civil.
Os arrestos realizounos o Equipo Contra o Crime Organizado (ECO) da Garda Civil no marco dunha intervención que incluíu o uso dun helicóptero e de varias patrullas por terra.

Polo menos unha das tres detencións produciuse no Concello de Vilanova de Arousa pola tarde, pero o operativo desenvolveuse durante todo o día. O terceiro detido a maiores dos axentes da Garda Civil é veciño da comarca e supostamente estaba relacionado previamente co narcotráfico
O amplo despregamento policial 
chamou a atención dos veciños a primeira hora da tarde, cando máis dunha decena de axentes confluíron na zona das Sinas e se despregou tamén un helicóptero nas inmediacións.
Testemuñas presenciais relataron que os axentes levaban as armas á vista e o rostro tapado por pasamontañas (unha precaución habitual neste tipo de corpos policiais de investigación especializada) e desprazábanse en vehículos camuflados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.