Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de julio de 2013

2ª EDICIÓN DA FEIRA NO CAMIÑO





Música, teatro, espectáculos de animación, gastronomía e artesanía son os compoñentes que figuran no programa da segunda edición da Feira no Camiño, unha iniciativa que organizan conxuntamente os concellos de Vilanova, Cambados, Ribadumia e Meis, co respaldo da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, para promocionar a variante espiritual desta vía para peregrinar ata Santiago.
Este evento foi presentado o pasado venres nas instalacións de Exposalnés (Cambados) e aínda que os actos celebraranse  o vindeiro fin de semán. 
Programa

O alcalde de Vilanova e presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, precisou que para manter o interese dos asistentes celebraranse actos cada media hora en Pontearnelas. A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, o tenente de alcalde de Cambados Antonio Iglesias e Celestino Lores, presidente de Amigos do Camiño Portugués, acompañárono no acto.
Exposicións de cetrería, apeiros de labranza, aparellos de tortura e talleres de diversos oficios ocuparán as rúas da localidade vilanovesa, na que demostrarán as súas habilidades para o espectáculo fakires, bailarinas orientais e grupos de música celta e andalusí.
Os carromatos volverán facer soar as súas rodas sobre os lastros de Pontearnelas, pero tamén poderán verse noutras localidades dos catro municipios do Salnés que promoven esta iniciativa porque se desprazarán ata eles para anunciar os acontecementos a celebrar  nas beiras do río Umia.
O lume terá un apartado especial e será o eixo de varias atraccións, ademais de ser portado polos participantes nunha das actividades máis rechamantes da Feira no Camiño, a procesión de fachos, que terá lugar o día 13, ás 22.30 horas, cuxo destino será a ponte.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.