O futuro das construcións situadas nos municipios do litoral da comarca do Salnés que se atopan fóra de ordenamento urbanístico despexarase coa aplicación da Lei de Costas, que foi aprobada o día 9 de maio.
Así moitas construccións pasarán a ser legais, aínda que por lóxica e sentido común nunca o deberían ser, máxime si temos en conta de quen son e que foron construídas despois do ano 1988. Ano no que se aprobou a anterior lei de Costas e que o PP, despois de dous governos presididos por Aznar non foi quen de cambiar.
Así o manifestaron onte os representantes do PP nunha rolda de prensa celebrada na sede do partido da gaivota en Vilagarcía, na que cifraron nun 90% a porcentaxe de edificacións cuxa situación poderá ser regularizada.
Actualmente son 1.038 as construcións que deberán porse ao día en cinco municipios, das que 141 atópanse en Vilagarcía, o mesmo número que no de Vilanova. O máis afectado é o da Illa, con 303, seguido polos de Cambados e O Grove, con 241 e 237, respectivamente. A relación complétase con nove de Meaño e tres de Ribadumia.
Un dos aspectos de maior importancia polo seu efecto é que a zona de servidume marítimo-terrestre poderá ser rebaixada dos actuais 100 a 20 metros, e este cambio abrirá a porta á legalización de núcleos como o das Sinas, situado no municipio de Vilanova, ou á maior parte das edificacións que están afectadas no da Illa, indicou Paz Lago.
A deputada subliñou que a intención do Goberno é evitar os dramas aos que estarían abocados os propietarios, ademais de dar seguridade xurídica ás empresas que se atopan asentadas no litoral.
Motor
A deputada subliñou que será estudado caso por caso porque "a costa é o motor da nosa economía", e o Goberno non contempla a posibilidade de incrementar a altura nin o volume edificable establecidos.
Román Rodríguez explicou que se mantén a esixencia de que os núcleos contasen no ano 1988 cos servizos básicos e acceso rodado, sinalou que poderán crearse outros novos que non están contemplados actualmente como talles, e anunciou que serán coidadosos ao estudar todas as casuísticas para non deixar fóra de ordenación urbanística vivendas que, estando situadas neles, puidesen quedar fose unha vez que se trace a liña delimitadora.
No resto do territorio nacional mellor non falar...............
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.