Sex Museum VIERNES 15 DE FEBRERO. PONTEVEDRA. SALA KARMA por primeira vez na súa historia, miran cara a atrás e imprégnanse das raíces que lles axudaron a nacer. Toneladas deFuzz, órgano Hammond, ritmos trepidantes e todos os éxitos dos seus primeiros tempos, en cru e sen contemplacións.
Esta é unha ocasión única de ver a Sex Museum volvendo ás súas orixes, pero non por iso deixasen de tocar outros “clásicos” do seu repertorio máis actual .A o longo de máis de dúas décadas, Sex Museum foi un dos mellores indicadores da saúde e a fortaleza da música independente do estado. O camiño que iniciaron como unha banda de “garage-rock” formada por cinco adolescentes dispostos a facerse un oco facendo as cousas ao seu xeito, pecha un círculo practicamente igual que o empezou, editando o seu ultimo propio disco sen ningún tipo de presión nin compromiso máis que con eles mesmos. Coa sabedoría do que leva toda a vida dedicado á música nunha xira sen fin e a seguridade de quen mantén a mesma actitude e ilusión dende oprincipio.O seu álbum INDEPENDENCE converteuse nun referente de como facer as cousas á marxe de todo o establecido nunha escena, a independente, que aínda estaba en cueiros abrindo un camiño que agora é transitado por tantas bandas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.