Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de febrero de 2013

PRÁCTICAS RARAS PARA ADXUDICAR CONTRATOS NA XUNTA?







Rexeitan a oferta da empresa Grupo Bap & Conde, S.A., entre outras, e logo adxudícanlle a dedo o contrato.
A Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia publica unha licitación cuxo obxecto é unha campaña publicitaria e o valor do contrato é de 1.308.641,03 euros, preséntanse varias empresas, entre elas a que logo adxudican a dedo, rexeitan varias delas en primeiro lugar, logo a outra en segundo lugar e para rematar, debido a unhas fórmulas matemáticas, rexeitan ao resto das empresas que han licitado o concurso, incluída a empresa Grupo Bap & Conde, S.A.

Ao non admitir a ningunha empresa, declaran deserto o concurso, axustándose á Lei de Contratos do Estado, e a continuación adxudican a dedo a unha das empresas que previamente rexeitaron "mediante fórmulas matemáticas", a empresa Grupo Bap & Conde, S.A.

É posible que ocorra isto e non pase nada? 
De verdade séntense tan impúnes que pensan que ninguén xamáis lles denunciará?    Pois non xa está en marcha unha querela criminal.
Fonte: Xornalgalicia.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.