Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de febrero de 2013

MOCION DOS SOCIALISTAS CAMBADESES POLO PREZO DA AUGA






A Xunta de Galicia aprobou a Lei de Augas de Galicia en Novembro de 2010,  e o Decreto 136/2012 do 31 de maio, polo que se aproba o regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais, establecendo un precio máis elevado que o que estaba vixente, o que denunciamos no seu momento activamente e  o cal, a Xunta e o PP negaron en todo momento. Un canon moi superior ao que se aprobaron noutras Comunidades Autónomas, e que ademáis de cobrarse ás traídas veciñais, se cobra tamén aos particulares con captación propia (pozos).


Tanto o Concello como a Xunta de Galicia, por medio de Augas de Galicia, “esqueceron” facer unha campaña informativa entre a cidadanía para dar a coñecer as novas condicións, e polo tanto están cobrando de máis en moitos casos, xa que os cambadeses/as descoñecen que debían acreditar o número de persoas censadas en cada vivenda para a aplicación correcta do canon da auga e coeficiente de vertedura.
Os cambadeses descoñecen que polo consumo que se lle paga a Aquagest ,se establece un criterio que considera que en cada vivenda residen 3 persoas, polo que si viven máis de 3, este mínimo debería ser superior ó que ven marcado na factura para tódolos fogares (45 metros cúbicos ó trimestre, 5 metros cúbicos/persoa/mes), xa que todo o consumo que supere estes 45 metros cúbicos estimados, deberán pagarse por uns tramos que veñen xa establecidos con un precio da auga cada vez máis superior que o anterior. É dicir, como unha especie de penalización por consumir máis auga que o que está establecido como mínimo.

Na parte referida a Augas de Galicia o problema é peor, porque aínda que se mantén  a presunción de que en cada vivenda viven tres persoas, o mínimo non é o de 5 mts cúbicos/persoa e mes, como no caso do consumo, senón só de 2 metros cúbicos cada mes (18 metros cúbicos no trimestre). Neste caso, ademáis, prodúcense dous pagos con este mínimo de 18: un canon da agua e un coeficiente de vertido, e polo tanto, é máis doado exceder do mínimo no caso de ser máis as persoas que viven en cada casa, cando realmente non sería preciso de ter os datos actualizados. O que sí se mantén é a “penalización” por superar este mínimo, con igual sistema de tramos.
Asimesmo os veciños cambadeses que teñen pozo na súa casa tamén descoñecen que xa están facendo este pago a Augas de Galicia, na factura emitida pola compañía Espina y Delfín, ó non recibir nas súas casas a factura de Aquagest.

Polo tanto o Grupo Municipal Socialista considera urxente que se informe aos cambadeses destas circunstancias e de que deben cubrir a solicitude de acreditación do número de persoas na vivenda para a aplicación do canon da agua e coeficiente de vertedura, máis neste tempo de dificultades económicas e tendo en conta de que a auga volverá a subir no mes de abril, polo que propoñen a o Pleno esta Moción para a adopción do seguinte Acordo:

Poñer en marcha unha campaña informativa sobre o novo canon que rixe para os recibos da Auga e Depuración, para que os cambadeses/as poidan correxir os erros que se veñen producindo e non teñan que pagar de máis polo servizo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.