Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de febrero de 2013

HOXE COMEZA O APAGÓN NO PEQUENO COMERCIO




Consorcio do Comercio do Salnés lidera un movemento reivindicativo e de protesta dos pequenos comerciantes do Salnés en contra das dificultades económicas que está a atravesar o sector, e que veñen a agravarse cas últimas modificacións legais e ca falla de fluxo de creto bancario. Fartos de que non lles concedan créditos nin con avais cos que facerse con liquidez para superar estes momentos, os pequenos e medianos empresarios do Salnés fan un chamamento ás autoridades. Queren que lles conxelen os impostos e que se deixe de favorecer ás grandes superficies; en caso contrario veranse abocados ó peche.

E para escenificar como quedarían as rúas sen os pequenos negocios, a vindeira semana comezarán cun curioso acto reivindicativo. Amais de prescindir de toda iluminación nocturna, tamén porán nos seus escaparates, portas e vehículos esquelas nas que pregoe a morte destas empresas, que o que prevén que poida pasar de seguiren así as cousas.
Respecto á seguridade propia dos locais, e trala vaga de roubos que están a sufrir os negocios nas últimas semanas, os comerciantes non pensan que esta falla de iluminación poida ser un acicate posto que os últimos roubos foron a plena luz do día á vista de todos; e precisamente, con esta medida, o que queren é evitar a perda da vida comercial nas rúas das vilas; que vai que as propias rúas se devalúen e se convertan en espazos marxinais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.