Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de febrero de 2013

O VIÑO QUE SABE A FESTA CANDIDATA A OS MESTRE MATEO







Presentación do spot
curtametraxe O Viño que sabe a Festa pertence á serie de catro realizadas polo Concello de Cambados, e producidas polo cambadés Juan Galiñanes e Eve Martín, co obxectivo de promocionar a Festa do Albariño, unha celebración que este ano chega a súa edición número 61. O spot está previsto que se poida ver a través dos medios televisivos e das redes sociais. Para esta edición número once dos premios Mestre Mateo O Viño que sabe a Festa deberá competir con Galicia no Corazón, de Congo Producciones,Sairemos como Galegos, de Congo Producciones, e Spot Mondariz, producido por Lúa Films.
Os catro spots publicitarios da serie dedicada á Festa do Albariño foron presentados o 15 de decembro do pasado ano 2012 no auditorio municipal da Xuventude, que quedou pequeno para acoller todo o público que desexaba presenciar a estrea en directo. O realizador Juan Galiñanes actuou como mestre de cerimonias desta premier, acompañado do alcalde, Luis Aragunde, ademáis da meirande parte do equipo artístico e técnico responsable destes anuncios televisivos. Amenizou o acto o dúo Escuchando Elefantes, que protagoniza o spot agora candidato aos galardóns do audiovisual galego.


SPOT 1-http://www.youtube.com/watch?v=trObdC8ZdRg   
SPOT 2-http://www.youtube.com/watch?v=LhGSPhdkhOw

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.