Para ledicia dos enchufados polo partido na provincia de Pontevedra e constructoras en particular Rafael Louzán, presidente da Diputación de Pontevedra e do Partido Popular na provincia, intentará a reelección á fronte do partido, no congreso que terá lugar o próximo 23 de marzo nesta capital.
Louzán Abal, confirmouno coas suas declaracións no transcurso do programa "A Opinión"(portavoz oficioso do PP), de Radio Pontevedra, uns minutos logo de celebrar unha reunión da xunta directiva provincial do PP, na sé da rúa Reina Vitoria.
Acepto os apoios e ánimos dos militantes do PP; pero terán que ser os compromisarios quen decidan quen presidirá o partido, decía Louzán coa humildade que o caracteriza. Neste congreso provincial do próximo 23 de marzo, participarán 800 compromisarios con dereito a voto, ademais doutros moitos militantes, simpatizantes, amigos, empresarios i enchufados.
Onte pola tarde foron elixidos o alcalde de Bayona, Jesús Vázquez Almuiña, como presidente do comité organizador; e Begoña Estévez, como secretaria.
Rafael Louzán chegou á presidencia do PP na provincia de Pontevedra, o ano 2000, e todo fai supoñer que renovará no cargo ata 2017, entre outras razóns porque foi unha peza fundamental nos éxitos electorais do partido nas tres últimas eleccións celebrada: as municipais, incrementando a súa presenza na Diputación; as Xerais, gañando en todos os municipios da provincia; e nas Autonómicas.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.