"Entre la cocina gallega y la vasca hay una conexión muy fuerte", explica Joxe Mari Aizega, director do Basque Culinary Center. "Compartimos una larga tradición de cultura gastronómica y la gente valora la calidad de nuestro producto". É un dos motivos polos que este centro, a única facultade universitaria de Ciencias Gastronómicas que hai en España, vaia a dedicar todo un semestre á gastronomía galega.
Así o explicaron os responsables do Basque Culinary Center na presentación que realizaron en Casa Solla (Poio). "Siempre hemos mirado muy de cerca a Galicia y su gastronomía, pero hemos decidido dar un paso más y dedicarle un espacio propio", afirmou Joxe Mari Aizega.
Ademais, elaborarase un menú degustación que se ofrecerá no restaurante e a cafetería do centro e tres cociñeiros pontevedreses, Pepe Solla (Casa Solla), Xosé Cannas (Pepe Vieira) e Javier Olleros (Culler de Pau), participarán o próximo 20 de marzo nunha xornada dedicada á gastronomía galega, onde haberá, entre outros eventos, diferentes presentacións de produtos e viños galegos e unha demostración das técnicas culinarias da cociña galaica. Os cambadeses YAYO DAPORTA e TONINO BOTANA (Pandemonium) serán tamén parte activa desta evento.
"La cocina gallega está muy presente en el Basque Culinary Center desde sus comienzos", destacou Aizega, quen recordou que a primeira experiencia fóra do centro foi visitar Galicia da man da D.O. Rías Baixas.
E esa importancia reflíctese tamén no Basque Culinary Center, situado en San Sebastián. O catro por cento dos seus alumnos son galegos. Trátase dunha fundación sen ánimo de lucro que forma a 100 estudantes por ano, maioritariamente vascos (un 30%) e estranxeiros (un 25%), en gastronomía e arte culinaria. "Es un modelo diferente de aprender", explican os seus responsables, quen cualifican o seu plan de estudos como unha aposta por unha formación multidisciplinar.
Ante este proxecto, do que admitiu ter unha "envidia sana",Pepe Solla explicou que se trata dun grado universitario "bonito y especial". Nel, destacou, "se forma gente, se investiga y afianza la conexión entre los cocineros" e adiantou que "seguramente encontraremos nuevas sinergias para seguir colaborando". E aínda que recoñeceu o gran traballo que se realiza nas escolas profesionais galegas, afirmou que a creación dun centro similar en Galicia permitiría apostar pola investigación e suporía un recoñecemento maior para os estudantes e os cociñeiros galegos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.