Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de febrero de 2013

BO AMBIENTE NO CONCURSO DE DISFRACES DO LUNS







Unha rapaza cun traxe moi elaborado a base de cunchas de volandeira e unha moza caracterizada como a cantante Lady Gaga obtiveron os premios principais no concurso individual de disfraces celebrado no salón José Peña. Os gañadores en individuais obtiveron unha compensación económica de 100 euros.
En parellas impuxéronse Fondo Mariño, dous rapaces representando un cabaliño e mais unha estrela de mar, e El Cazador Cazado, unha alegoría crítica do Rei cazando elefantes.
No apartado de grupos impuxéronse Agatha Ruiz de la Prada, nenos caracterizados con roupas inspiradas na coñecida deseñadora, e Fondo de Inversión, buceadores de principios do século XX con escafrandras. Parellas e grupos recibiron como premio 250 euros.
Preto dun milleiro de persoas ateigaron o salón José Peña nunha festa moi animada que contou coa actuación do televisivo Isi, a música disco de DJ Studio XXI e mais a animación das charangas Krazzy Cabuxas e Vellas Glorias de Vilanova.
O único pero que se pode por é que o recinto queda pequeno, agardemos que as inclemencias meterelóxicas non volvan a aparecer en vindeiros anos para unha mellor vistosidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.