Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de enero de 2013

O APOSTOLO, EN VILAGARCIA






A película galega de animación O Apóstolo volve a proxectarse esta fin de semana no Auditorio de Vilagarcía despois da primeira experiencia que se desenvolveu no mes de decembro. A película,candidata aos premios Goya, exhibirase nas instalacións municipais o sábado e o domingo ás seis da tarde. As entradas custan 3 euros para público adulto e 1 euro para o infantil e poderanse comprar o mesmo día da sesión, na billeteira do Auditorio, a partir das catro da tarde. A cualificación deste film é para maiores de 7 anos.
O Apóstolo é unha historia de misterio protagonizada por bonecos que replican a actores reais moi coñecidos e que son tamén os que lle poñen voz. O protagonista principal é o vilagarcián Carlos Blanco, e completan o reparto os bonecos dos actores Celso Bugallo, Jorge Sanz, Luis Tosar, Geraldine Chaplin, Manquiña, Isabel Blanco, Pico, Pedro Alonso e ata do falecido Paul Naschy. A película dirixida por Fernando Cortizo proxectarase coa dobraxe en galego.

Outros dos elementos a destacar desta película son a música, composta por Philip Glass, e mesmo os decorados, tamén moi galegos, xa que as maquetas da fraga realizouse concepas da adega Martín Códax, coas que se simularon os troncos dos carballos centenarios. A madeira destas cepas tamén se utilizou para construír os interiores da taberna da aldea. Ademais, O Apóstolo é a primeira en Europa en gravarse coa técnica do Stop Motion estereoscópica, realizada integramente en Galicia e coa participación de técnicos internacionais que teñen participado en películas como La novia cadáver ou El Señor de los Anillos.
A historia de misterio e lendas do outro mundo da tradición popular galega desenvólvese nunha típica aldea de montañarodeada de frondosas fragas de carballos. Os misteriosos habitantes da aldea agochan un segredo que será descuberto polo protagonista, un ladrón que acode ao pobo disfrazado de peregrino para atopar un botín dun antigo roubo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.