Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de enero de 2013

EVA SOTO PARTICIPA EN "CAMIÑOS NO DESEÑO A TERRA NA ORIXE"






A Exposición “Camiños no deseño a terra na orixe” esta promovida pola Fundación Camiño Portugués de Santiago co apoio da Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago e da Xunta de Galicia, Deputación e Concello de Pontevedra e nesta ocasión conta ademais coa inestimable colaboración de ESDEMGA (estudos superiores en deseño téxtil e moda de Galicia) e propicia unha nova dimensión de “Camiños”, pois si ata o de agora nas edicións anteriores do proxecto encadrábase dentro do marco case que exclusivo da pintura, este ano damos un paso adiante para afondar no mundo do deseño tanto de moda como de cerámica o fotografía.

Na mostra participan 12 artistas: Sara Coleman, Eva Soto, Jessica García, Silvia García, Silvia Moure, Esther Lebrato, Sarai Fernández, Fernando Suárez, D-Due Lab, Xavier Lorenzo, Mercedes García e Isabel Mastache. Sendo a comisaria da exposición Lola Dopico.
A Exposición permanecerá aberta ata o 3 de Febreiro no Pazo da Cultura.




2 comentarios:

Maribel Iglesias dijo...

onde é a exposición?

CORES DE CAMBADOS dijo...

en Pontevedra no Pazo da Cultura

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.