Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de enero de 2013

CABANILLAS TERÁ MÁIS ESPAZO EN EXPOSALNÉS







O legado de Ramón Cabanillas será trasladado ao edificio de Exposalnés. O anuncio foi realizado onte polo alcalde de Cambados, Luís Aragunde, na rolda de prensa previa á firma da reversión do edificio da Xunta ao Concello, realizada polo rexedor e o vicepresidente do Goberno e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, co delegado provincial, José Manuel Cores, como testemuña do acto.
Aragunde expuxo que as xestións que realiza o Concello coa familia do poeta para realizar o traslado están ben canalizadas e permitirán que os obxectos persoais de Cabanillas resulten máis accesibles ao público, dado que na actualidade atópanse na súa casa natal, que foi musealizada, pero é de pequenas dimensións e non pode ser o escenario de actos na súa memoria.
Ademáis Exposalnés albergará o arquivo municipal, posto que nestes intres está na última planta do edificio do Concello e non hai espazo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.