Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de enero de 2013

ASAMBLEA COMARCAL DE ANOVA SALNÉS






ANOVA-Irmandade Nacionalista do Salnés-Arousa convoca Asemblea Comarcal aberta a toda a cidadanía para este sábado 2 de febreiro. Celebrarase no Centro Social de Barrantes a partir das 18h30 e a proposta de Orde do Día será:

1.- Información da Coordinadora Nacional e sobre diversas iniciativas organizativas (previsión censo afiliad@s e Asemblea Nacional, Grupos de Traballo,...).

2.- Información sobre o traballo do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (AGE).

• Posicionamento orzamentos da Xunta de Galicia - 2013.
• Organización do traballo e previsión de actos na comarca.

3.- Debate sobre as iniciativas do programa electoral ou outras que se consideren prioritarias para trasladar ao Parlamento Galego e para a acción política de ANOVA.

4.- Organización comarcal.

• Informe sobre as contas comarcais do exercicio 2012.
• Actividades dos grupos locais e debate de próximas propostas de actividade.
• Elección da persoa que se incorporará pola comarca á Coordinadora Nacional.

5.- Varios





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.