Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de enero de 2013

A ESTATUA DE FRAGA ANTE AS FESTAS DE ENTROIDO







Trala última “performance” da estatua de Fraga ubicada nos xardíns do Parque de Torrado en Cambados os rumores comezan a xurdir entorno a todo o relacionado coa polémica escultura.



Un dos primeiros rumores que se escoitaron foi que algúen ofrecía 200 euros a quen fora capaz pintar e transformar a Fraga en outra cousa. Tras ese rumor sonou o contrario. Aparecera alguén disposto a dar outros 200 euros a que descubrira a o autor ou autores de tan “gran ultraxe”. Nos tempos nos que estamos, para dar 200 euros xa hai que ter ganas.

Dende logo agora que se acerca o entroido non sería de extañar que aparecera disfrazado de novo, pero o ideal, penso eu, e que o disfraz fora sobre algún persoaxe negativo, pois darlle a Fraga a categoría de súperheroe non me parece a máis correcta. Habendo tantos malos nos comics non habería problema en atopar algún para “don Manuel”. Eu non vou ser quen de ideas pero nos comics de Batman ou Superman hai unha manchea de viláns.

Temos que recordar que un dos agasallos estrela deste pasado nadal foi o kit para deseñar o noso propio Fraga. En Cambados vendeuse coma churros nas tendas nas que se puxo a venda, outras,máis concreto unha do centro negouse a vender ese producto.

As máis grandes casas de apostas aparte de apostas deportivas están incluíndo apostas sobre a próxima performance de Fraga e podo dicir que a que menos se paga e polo tanto a que e a favorita dos apostantes e a dun persoaxe malvado dun conto infantil. A única pista que podo dar é que na man no canto dunha copa leva unha froita i é moi típica nos contos de Princesiñas.

Agora discurride vos.

Tan so haberá que agardar a os acontecementos.


1 comentario:

Anónimo dijo...

non estaría mal disfrazalo de buzón!

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.