Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de enero de 2013

A XUNTA TEN TRES DIAS PARA DECIDIR SOBRE ALFAGEME






Francisco Conde

Este mércores 23 de xaneiro finaliza o prazo de 20 días hábiles que o Xulgado do Mercantil outorgoulle ao Instituto galego de Promoción Económica (Igape) para adoptar unha decisión respecto ao futuro de Alfageme. É dicir, si escritura á súa propiedade eses bens ou si os cede a terceiras partes.
O pasado mes de decembro a Xunta adquiriu en poxa por 780.000 euros as naves de Vilaxoán e Ribadumia e a marca Miau.
A responsable comarcal do sindicato nacionalista CIG, Rosa Abuín, reitera que "se a Xunta non lle da os bens a empresa El Consorcio nos imos a presentar una denuncia por prevaricación".
As traballadoras de Alfageme están convencidas de que o proxecto empresarial que presentou este grupo conserveiro cántabro é o único que respecta os seus 150 postos de traballo, por iso insisten en que, de non levarse a cabo esta opción, a CIG presentará unha querela.
Os denunciados serían o director xeral do Igape "por falta de información e de lexitimidade ao concorrer a unha poxa sen os requisitos procedimentales necesarios", contra o anterior conselleiro de Industria, Javier Guerra "e posiblemente tamén teremos que ampliala contra este novo conselleiro Francisco Conde".
Os motivos de incluír na querella ao novo titular de Economía e Industria son que "aparte de que non nos recibe, entendemos que foi unha poxa desordenada, que non vai a manter os postos de traballo nin a unidade produtiva".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.