|
A mayoria dos concellos da provincia de Pontevedra teñen conxelado o capítulo de investimentos para o próximo ano. "En 2013, cero euros para investimentos", asegurou esta mañá o presidente da Deputación Provincial, Rafael Lozán, quen deste xeito vén recoñecer que da luz ao final do tunel, nin asomo.
Son malos tempos, os que veñen non son mellores e o que toca é intentar custe o que custe manter servizos.
Manter servizos é un obxectivo, e o outro é manter o emprego pero quizais non sexa posible. Di Louzán que aínda que a medio e curto prazo non parece que vaian a sugir sobresaltos, tampouco descarta que despedimentos de persoal porque, abrigo nalgúns concellos, teñen excedentes.
Polo tanto e despois de escoitar a Louzán algúns enchufados sen máis titulación que o título de "pelota" e o carné de determinados partidos políticos empezaron a poñer velas a os santos para poder manter o "choio".
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.