O grupo de intelixencia global Stratfor sitúa a Galicia entre as rexións do Vello Continente onde se fala de separatismo, pero con menor risco de secesión. Curiosamente ve máis risco en Cataluña que en Euskadi.
Galicia ten algo en común con Cataluña e País Vasco, iso seguro, pero tamén con Chechenia, Daguestán ou Ingushetia, en Rusia, ou Kósovo en Serbia. Que pode haber de similar con estas últimas rexións do Vello Continente en constante violencia separatista? Pois que todas elas forman parte da análise sobre o risco de secesionismo en Europa realizado pola compañía Stratfor, grupo de intelixencia que traballa para os servizos de seguridade de Estados Unidos -entre eles a CIA- que inclúe a estas CCAA nun ranquin. Así se recolle nunha filtración de WikiLeaks realizada as dez da noite do pasado venres na súa web, que foi recollida xa onte, en primeira instancia, polo xornal Ara, cuxa liña editorial defende a independencia dos chamados Países Cataláns (Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares).
As últimas revelacións de WikiLeaks foron lanzadas o día antes de que o seu fundador, Julian Assange, e a súa man dereita legal, o español Baltasar Garzón, saísen onte á palestra. Para o diario en catalán foron unha festa por un pequeno aínda que curioso detalle: na listaxe de perigo de separatismo, de vontade de independizarse, sitúan un grao por encima a Cataluña que ao País Vasco. Xa en 2010, por tanto, debíase dar por feito o fin da loita armada de ETA. Sexa como for, a vicepresidenta do Govern catalán, Joana Ortega, respondeu a este que é unha "boa noticia" que se sitúe á comunidade como posible futuro estado, pois alí trabállase para conseguir "un país en plena liberdade e totalmente soberano".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.