Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de agosto de 2012

CONTINUA O ABANDONO PROGRESIVO DO PARQUE DE TORRADO






Continuamos na nosa teima de denunciar o progresivo deterioro do Parque de Torrado e desta vez queremos sinalar o deplorable estado dos aseos públicos alí ubicados. Como se ve nas fotos o aseo das mulleres leva roto dende hai unha semana. Por coincidencias da vida rompeu ou rompérono despois do Xantar do Albariño e o Concello non foi que de arranxalo tras sete dias nese estado. Nin que decir ten que si fose antes dese acto os movementos por parte da Alcaldía e os seus traballadores serían cando menos moito máis rápidos do que están sendo agora.


Pero non so temos queixas por estes desperfectos. As portas non teñen uns pestillos decentes ou cerran mal, os grifos rotos cada pouco, a limpeza escasa. Pero coma sempre a culpa non é tan so do Concello.

 Dende este blog acusamos en varias ocasións a o Concello e tamén a os usuarios, sobre todo rapaces a quenes os seus pais ou titores deixan no parque coma quen deixa un rebaño polo monte a pacer sen importar que fan. Pero as culpas non se reparten por igual entre Concello e usuarios. Sempre decimos que a Policía Local non aparece polo parque.

 Non pedimos vixiancia todo o dia pero deberían patrullar por todo o povo e así verían todo o que pasa. Persoas que non recollen os excrementos dos seus cans, xente que pasa olímpicamente dos semáforos, quen ensucia as nosas ruas...... .Pero parece que os nosos Policías Locais están para recaudar, en forma de multas e pouco máis. Pedimoslle a Alcaldía que non abandone o Parque de Torrado e que faga o posible por coidalo, petición que extendemos a os veciños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.