Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de agosto de 2012

AROUSA-SALNÉS TEN QUE DAR FOLGOS A GUSTAVO C. VELOSO





O vindeiro mércores 29 de agosto millóns de espectadores verán nalgún momento as evolucións dos ciclistas participantes na “Vuelta a España” mirarán sobre todo a Contador, Valverde, Froome e a o resto dos principais favoritos. Pero os arousáns estaremos máis pendientes do ciclista de Bamio (Vilagarcía) Gustavo César Veloso sobre todo por ser da nosa terra e o único galego participante na carreira.

Gustavo César Veloso aínda que vilagarcián empezou a darlle a os pedales no Clube Ciclista Cambados e moitos de nos témolo visto entrenar polas carreteras da nosa bisbarra.



“Teño moitas esperanzas postas na contrarreloxo Cambados-Pontevedra” así lle dixo a Eladio Oubiña presidente do Clube Ciclista do Salnés, do que Gustavo e presidente de Honra, herdeiro do C.C. Cambados.

Dado que tan so 17 son os integrantes deste clube cicloturista, Oubiña sinalou que pedirán axuda para animar a o de Bamio a outros clubes, coma o Armenteira e Punto. Queren facerlle unha pequena homenaxe na liña de saída en Fefiñans, unha pancarta de ánimo cando vaia sair e despois situaranse en puntos estratéxicos “para darlle o noso apoio”


Na Armenteira contará co apoio tamén do BTT Vilagarcía, clube no que tivo licenza no 2011 tras o fiasco do equipo patrocinado pola Xunta e que aínda debe cartos a os seus corredores.
Dende aquí o noso ánimo para Gustavo César Veloso para que poida estar o máis arriba posible nas etapas que se disputan pola nosa terra, sobre todo e tamén  como non, no resto da competición.


                                   ANIMO GUSTAVO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.