A parte de levar o equipo sub-23 Oliveira e San José faranse cargo da coordinación do futbol base do Al Ittihad e axudarán a Caneda co primeiro equipo.
Segundo dixo Oliveira este é un paso na sua carreira de adestrador e amósase moi ilusionado co proxecto.
O equipo sub-23 compite nunha liga de filiais no que en principio é etapa de formación cara a competir no primeiro equipo. Lembremos que o Al Ittihad estivo hai mes e pouco preparando a sua participaciónna Champions asiática en terras arousáns xogando dous partidos contra equipos da nosa zona e que tivo momentos de tensión pois Raúl Caneda chegou a presentar a sua renuncia ao cargo de adestrador. Renuncia que non foi considerada polo dono do equipo que cesou na presidencia a o seu irmán e Presidente do conxunto árabe para arranxar a polémica.
Hoxe mesmo tiña pensadoOliveira en ir a Madrid para arranxar os temas do visado i emprender viaxe cara Jeddah nos próximos dias.
Dende aquí desexarlle sorte ao cambadés na sua aventura, sorte que non tivo na sua última etapa coma adestrador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.