Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de agosto de 2012

A PROPÓSITO DA PRAZAS DA MOVIDA EN CAMBADOS





Transcorridos catro dias da festa organizada na Praza das Rodas o domingo do Albariño e tras ter coñecemento do Carnaval de Verán que organizarán próximamente na Praza de Alfredo Brañas véñenme a cabeza pensamentos do porqué esas duas emblemáticas Prazas, máis ben a hostelería que alí se ubica, tivo que agardar a crise que nos sacude para facer delas dous puntos de encontro inevitable nas tardes-noites de verán.



 A Praza de Alfredo Brañas aproveitábase do seu carácter peonil para estar sempre chea de xente, pero a das Rodas non contaba con esa avantaxe ata o ano pasado que o Concello non sabemos con que criterio e pese a oposición dos veciños converteuna en peonil. Este, noso Concello tan contrario en converter en peonil a segunda praza máis fermosa de Galiza, despois da do Obradoiro, converte en peonil unha pequena praza vital para os veciños de Fefiñáns.


Pero temas do Concello aparte, a falta de unión entre os hostaleiros de Brañas parece que se solventou cando notaron a baixada nas suas caixas. Creemos que si entre todos colaboran e non como sucede agora que colaboran catro e benefícianse seis poderíamos ter dous lugares de “movida” sin que un pise a o outro. Pero eu non vou ser que de ideas pois non son eu quen saca proveito destes dous encantadores i emblemáticos lugares de Cambados.
Chama a atención que na festa do pasado domingo tan so dous locais foran os organizadores e cinco os que sacaran proveito. Case todos sabemos que un dos locais das Rodas non participa en ningún evento, as suas razóns terá pero saca beneficio de todo o que alí se fai.


Agardemos que non sexa así na Alfredo Brañas, nestes tempos a unión é moi importante.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.