Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
4 de julio de 2012
YAGO CASAL SEGUIRÁ UN ANO MÁIS NO XUVEN
Yago Casal continuará un ano máis levando o timón do Club Xuventude Baloncesto de Cambados. O encontro entre a directiva e o adestrador santiagués do luns dou coma resultado a renovación do técnico. Casal tiña dúbidas debido a que as suas ocupacións profesionais na Coruña esixian un atranco. Pero as duas partes desexaban continuar ligadas polo que cedendo un pouco cada unha delas chegouse ao compromiso de seguir un ano máis polo mesmo camiño. Xunto a Yago Casal seguirán os seus axudantes Manu Santos e Iria Romarís. Tamén vai continuar Manu Felpeto.
A primeira decisión de Casal e pedirlle a directiva a renovación dos once xogadores do actual plantel, cousa moi difícil, dada a boa tempada feita nesta tempada 2011-12. Manu Fernández deixará o clube pois marcha a Catalunya a facer un Máster e a Berni Rodríguez e Juanchi Orellano non lles faltarán noivas de superior categoría. O clube non quere cortarlle un futuro prometedor a ninguén e, seguindo esa política coma no caso de Ander García hai duas tempadas, non poñerán trabas as saídas dos dous xogadores.
Outro que parece ter o futuro lonxe de Cambados é Taylor García, neste caso so rumores sitúano no Reino Unido.
Os obxectivos que se marca Y. Casal para a vindeira tempada son mellorar o xogo do equipo e divertir a os siareiros que se acheguen ao Pombal.
Ben sabido que o club non pode acadar metas máis altas debido as dificultades económicas e a falta dun patrocinador que aporte o necesario para subir ese escalón que a piques estivo de conquerir nesta tempada, a millor dos case 35 anos de vida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.