Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de junio de 2012

RESUMO DO DEPORTE CAMBADES 1ªPARTE



RESUMO DA TEMPADA DE FUTBOL EN CAMBADOS
Club Juventud de Cambados


O equipo sénior conseguiu salvarse, grazas a unhas derradeiras xornadas moi favorables, do descenso na 1ª Rexional G IV.


Os xuvenís acadaron a 8ª posición no seu grupo da Autonómica nunha tempada marcada pola necesidade do equipo sénior que fixo que moitos xuvenís tiveran que xogar no primeiro equipo e deixar aos seus compañeiros con menos efectivos.


Os cadetes lograron a cuarta praza en 1ª Autonómica e con elo xogar a fase de ascenso a Liga Galega. Na primeira rolda superaron a o Tide e na segunda enfréntanse o R. Bouzas. O Sábado no Pombal encontro de volta. Na ida perderon por 1 gol a cero.
En infantís, nunha tempada de transición e moitas baixas non conseguiron o obxectivo da salvación e o equipo descendeu a 2ª Autonómica.


Os alevíns F-11 os rapaces mantiveron a categoría na 1ª Autonómica acadando un bo undécimo posto. En F-7 acadaron a décima posición mantendo a categoría sen problemas.
A xoia da coroa foron os Benxamíns A que conquistaron o título no G-4 da 2ª división que supón o ascenso a primeira. Ademáis lograron a Copa no seu grupo e o subcampionato de Copa da 2ª División. Os seus compañeiros do equipo B acadaron a 12posición. Meritoria si temos en conta que 70% da sua  plantilla era a primeira vez que competía e incluso a primeira vez que se entraban no mundo do futbol.


Temos tamén que destacar ao equipo prebenxamín que acadaron o 3º posto no seu grupo. Esta tempada era a primeira que o Cambados competía cun equipo prebenxamín e con rapaces moi noviños conseguiro facer moi bos partidos gañándose os aplausos dos afeccioados.


VETERANOS


O Cambados de veteranos consigueu o título de 2ª e polo tanto o
ascenso a 1ª ao igual que o Albariño grazas ao seu 3º posto neste G-2. O Soho tamén no G-2 quedou no décimo posto. No G-3 o Cafet. Vilariño quedou no posto 13 e o Castrelo descendeu a 4ª
División tras quedar penúltimo nese G-3




































No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.