RESUMO DA TEMPADA DO BASKET CAMBADES
O baloncesto en Cambados viveu a sua máis exitosa tempada a nivel Sénior, conseguindo o Campionato da liga EBA no sua conferencia. E loitando por acadar o ascenso deportivo ata o derradeiro segundo de competición.
Un ascenso que se podería acadar nos despachos pero a o que o clube renuncia pola falla de apoio económico das empresas locais, escudándose na crise. Unha crise que si permite apoiar outros eventos deportivos con menos tirón
na nosa zona. Mención aparte merece Establecimientos Otero que non deixa a sua labor a prol do deporte en Cambados.
En canto as categorías base estos foron os resultados:
O conxunto B do Xuven logrou o 5º posto da 2ª División G- sur sen atrancos e con moitos xogadores xóvenes e adquirindo a necesaria experiencia para poder dar o salto ao primeiro equipo.
Os júnior remataron na penúltima posición da sua liga na 2ª división. A próxima tempada e con máis experiencia estes xogadores deben superar sen problemas esa 8ª posición.
O cadete masculino case logra chegar a fase de ascenso a Primeira pero víronse superados por BB Pontevedra i Extrugasa de Vilagarcía. En canto as féminas quedaron últimas na liga regular e penúltimas na fase clasificatoria.
En infantiles masculino o Xuven acadou o terceiro posto e no feminino a segunda plaza. Ambas escuadra quedaron a un paso de xogar as fases de ascenso.No resto das categorías, minibasket e premini o importante non son as clasificacións, moi boas por certo, senón a diversión e o aprendizaxe do deporte da canasta.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.