Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de junio de 2012

CONCERTO DE EMM JOVEN E ANDREA REY



Pois por  fín Andrea Rey e Emmanuelle Joven dan ou seu  primeiro concerto en solitario. É probable que xa  os oiras tocar algunha vez no Cabanillas na carreira dos institutos, en calquera festival do Asorey, no concurso de talentos,  a súa derradeira actuación foi no Recital Poético organizado pola Asoblog (Asociacións de Blgos do Salnés). Pero agora dan o paso en solitario, definitivamente.

Van  dar un concerto acústico, guitarra e voz para quen se queira achegar ao mítico Café Continental sito na Rúa Hospital de Cambados,   o venres 8 de Xuño ás 11 da noite. Van  tocar unhas cantas cancións de estilos moi diferentes e van  co propósito de facernolo pasar ben, facer música e entreter. Andrea Rei é unha rapaza que ten unha voz singular, anxelical e tamén é membro do coro municipal de Cambados coma Emma. . Enmmanuelle Joven é un rapaz moi emprendedor pois aparte da súa faceta como músico e cantante tamén foi un dos promotores da Asoblog, aconsellovos acudir por que nos vos ides arrepentir. Podes ver algunha das suas pezas no blog de Emmanuel   THE STRANGE HERO






Nova recollida de A TI MEU CAMBADOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.