Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de junio de 2012

O BNG PIDE NO CONGRESO ANULAR AS MULTAS A OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES




O BNG presentou unha iniciativa no Congreso dos Deputados para demandar ao Goberno que se anulen "de inmediato" as multas impostas a afectados as participacións preferentes.

 Os parlamentarios nacionalistas explican na súa iniciativa parlamentaria que afectados polas participacións preferentes empezaron a recibir sancións administrativas por un importe de 300 euros, emitidas pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra, "pero parece que se vai a estender a outros lugares", di o BNG nun comunicado.



Na mesma nota de prensa indican que "segundo a Subdelegación do Goberno", "estas multas débense á participación dos afectados en accións de protesta".


"Os cidadáns estafados polo escándalo das preferentes vense obrigados a saír á rúa para reclamar o diñeiro que estafaron os bancos mediante un engano para que investisen os seus aforros en produtos de alto risco", sostén o BNG.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.