Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de junio de 2012

MÁIS DESVIOS NA AUTOVÍA DO SALNÉS



A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará cortes na Autovía do Salnés, entre os puntos quilométricos 0 e 1 +200, dende este mércores ata finais de mes co fin de estender a capa de rodadura entre o tramo que vai dende o enlace de Curro e a AP9.



Estas actuacións, subliña a consellería, permitirán que a AG-41 poida funcionar con dous carrís por sentido dende o enlace coa AP-9 no mes de xullo, "o que contribuirá a reducir os problemas de retencións que tradicionalmente presentou a conexión entre a AP-9 e a Autovía do Salnés nos meses estivais".


Así, entre o 20 e o 30 de xuño realizaranse varios cortes de tráfico nos ramais de acceso e saída da AP-9, con motivo da execución destes traballos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.