Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de junio de 2012

AMIGOS DE GALICIA VAI CREAR UNHA AXENCIA DE COLOCACIÓN





A actual crise económica está a favorecer a aparición de novos pobres: xente que ate o de agora vivía asentada na clase media, e que,a consecuencia da crúa situación económica se veu abocada a pedir axuda ás ONG´s que traballan nas Rías Baixas. É o caso da Fundación Amigos de Galicia que traballa en toda a comunidade cun plantel de 8 traballadores e 271 voluntarios. Cada día traballan a prol dos máis desfavorecidos, distribuíndo productos de necesidade básica e asesoramento.




Esta foi a realidade que veñen de coñecer máis de preto o Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole na súa visita á sé de Fundación Amigos de Galicia en Vilagarcía. Amigos de Galicia recibe axuda de organismos como o goberno galego, español e europeo e dos executivos locais,así como de empresas e cidadáns particulares. 
 
Con esta axuda desinteresada aporta roupa, alimentos ou mesmo axuda para sufragar gastos cotiás e imprescindibles. Os seus usuarios cada día van a máis e teñen un perfil máis variado, especialmente pola grave situación de crise que estamos a atravesar. 

 
Para paliar estas múltiples dificultades xeradas, na meirande parte dos casos pola falla de emprego; deron en crear unha oficina de colocación que, malia que xa está en funcionamento, está a piques de pechar tódolos permisos que precisa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.