Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de junio de 2012

A LUDOTECA QUEDA PEQUENA POR CULPA DE LUIS ARAGUNDE




Por culpa do Alcalde de Cambados 40 familias quedan desatendidas. Esas 40 familias terán que buscar que quede cos seus fillos durante as mañáns de xullo e agosto. Todo pola cabezonería de Luis Aragunde. As razóns de esta cabezonería dan que pensar.


Todo isto ven polo asunto da demandada Ludoteca de Verán e o querer que se ubique na E.E.I. A Pastora. Un colexio que se queda pequeno para a demanda de plazas para a Ludoteca. Sabemos que a dirección do Colexio A. Magariños ofreceu as suas instalacións en anos anteriores para celebración alí da Ludoteca, pero escudándose na falla de comedor o Alcalde e a empresa que leva a Ludoteca negáronse a que así fose.


Este ano e ante a previsible demanda de prazas volven a insistir en facela no colexio da Pastora. As razóns polas que se volve facer alí ninguén as entende, si é que as hai.

O Magariños ten máis aulas (12) que a Pastora (6).

O Magariños ten máis espazo para xogos (2 patios) a Pastora ten menos espazo.

No Magariños ao remate do curso quedan as aulas libres de material, na Pastora as aulas, como ven sabe a xente que ten fillos alí, están cheas de material posto que desde que empezan os críos alí ata que cambian de colexio usan a mesma aula e polo tanto, quédalles material dun curso para outro. A biblioteca da aula, ordenador, material didáctico e non didáctico.

O Magariños, como dixemos antes, ten comedor a Pastora non. Usan o comedor da Gardería, algo que non está permitido, posto que os nenos de máis de tres anos (idade académica) non poden estar nunha gardería.
No traslado dese material pérdese ou deteriórase material que non é reposto e que hai que repoñer, un gasto que debería afrontar quen utiliza ou presta o colexio.

O Magariños queda máis céntrico para que os avós,algúns sen coche, poidan levar aos cativos a Ludoteca.

Dende logo non sabemos que intereses teñen dende a Alcaldía para non facelo no Magariños, pero cando menos resulta sospeitosa a cabezonería do “noso” Alcalde.

As hemerotecas están para ver PREME AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.