Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de junio de 2012

40% MENOS NA COLLEITA 2012 DE ALBARIÑO






 A climatoloxía inestable das últimas semanas, coincidindo coa fase da floración, foi o que propiciou esta situación. No sector o reciben con certo .Superada xa a floración, os viñedos da DO Rías Baixas están en plena fase de callado dos acios. Por iso toca facer balance de como superaron as plantas a etapa pasada. Segundo os técnicos caracterizouse por ser larga e tardía motivado polas condicións climatolóxicas rexistradas nas últimas semanas. Condicións que ademais favoreceron a proliferación do mildeu e que tamén conseguiron condicionala colleita deste ano.




E estamos a falar dunhas cantidades que xa son irrecuperables, explicounos Guillermo. As choivas e a humidade das últimas semanas o que propiciaron, en moitos casos, foi o aborto da flor co que isto supón: redución do número de acios efectivos que imos ter finalmente e diminución do peso que poida ter cada un deles.


Esta mingua da produción vai supor, segundo as previsións deste técnicos, unha baixada en quince millóns de quilos de uvas a produción global da DO Rías Baixas con respecto á campaña pasada.



Aínda que nun principio podería ser unha mala nova, no sector o reciben con certo alivio. Axudará, entre outras cousas, a reducilos problemas de stocks que hai nestes momentos nas adegas.

Máis aínda, para este técnico esta circunstancia a temos que ver coma un punto de inflexión que ten que servir ó sector para reconducila situación de cara a evitar colleitas históricas como as do ano pasado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.