Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de mayo de 2012

VILAGARCIA TERA QUE DEVOLVER CARTOS AO MINISTERIO DE TURISMO


O Concello de Vilagarcía terá que devolver 4.700.000 euros solicitados ao Ministerio de Turismo tras oporse a Secretaría de Estado a autorizar un novo destino do préstamo, segundo informou o alcalde, Tomás Fole.

O anterior bipartito, PSOE-BNG que presidía as socialista Dolores García solicitou un préstamo de 6 millóns ao 0.5 de interese e a devolver en 15 anos mercé a unha convocatoria do Ministerio para mellorar as infraestruturas.
O proxecto presentado contemplaba melloras nunha franxa comprendida entre a rotonda da Luz Salgada e a desembocadura Río do Con, terminando o prazo sen que se executasen as obras, excepto unha pequena parte.


"Isto debémosllo á desastrosa xestión da alcaldesa, Dores García, que non consultou a ninguén, nin oposición, nin ao seu propio partido; en catro anos non foron capaces de gastar ese diñeiro, o que fala da súa capacidade", expuxo o rexedor.


Fole pensa que sería un diñeiro moi importante para acabar a remodelación da praza de abastos, o parque da Xunqueira, o Castriño e outras actuacións.
"Tan só réstanos recorrer ao contencioso administrativo ou pedir directamente ao ministro a autorización, non o descartamos, pero o informe do Avogado do Estado é negativo", engadiu Fole.


E pensamos nos que moitas outras veces trocáronse de obras as que ian destinados certos préstamos e que esta sería unha boa ocasión para facelo, posto que governo local e governo estatal son "amigos". Pero desto non ten culpa Dolores García. A quen culpará agora Tomás Fole?.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.