Santiago P. S. subtraeu ao redor dun millón de euros da sucursal de La Caixa en Vilagarcía e un vehículo de alta gama dunha empresa a de A Estrada, segundo confirmaron fontes da investigación.
A semana pasada na sucursal que La Caixa ten na Praza de Galicia, no edificio que ten a fachada posterior na Baldosa, detectaron un buraco, abriuse unha auditoría e inicialmente sospéitase que pode faltar en torno ao millón de euros, diñeiro depositado por dous clientes.
La Caixa BANK é o nome actual, anteriormente a entidade denominábase La Caixa de pensións de Cataluña. Non é a única empresa que estaría afectada por Santiago P., que tamén traballaba como administrador na promotora técnica estradense S.L.
Esta firma denunciou o luns ante a Garda Civil que este individuo adquirira un vehículo de alta gama, concretamente un Lexus, sen que a empresa tivese constancia diso. O empregado desapareceu "non saben nada del nin tampouco do vehículo".
Atópase en paradoiro descoñecido, pero existen sospeitas de que podería estar en Sudamérica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.